jueves, 31 de octubre de 2013

Os estatísticos investigan o comportamento dos lumes forestais.

No XI congreso de estatística e Investigación Operativa de SGAPEIO importantes estatísticos investigadores se reuniron na Fundación Barrié sita na Coruña para compartir os últimos avances nesta ciencia.
Algunhas das conferencias estiveron adicadas aos incendios forestais.
A primeira plenaria foi a cargo do profesor Kamil Feridun Turkman, CEAUL-FCUL, University of Lisbon, que co título "Quantification of annual wildfire risk: A spatio-temporal point process approach" presentou un estudo sobre a modelización da distribución dos incendios forestais en Portugal.
Outra das investigadoras que falou deste tema foi a alumna de máster Laura Ríos Pena, que presenta no congreso o traballo: "Aplicación de un Modelo de Regresión Aditiva Estructurada (STAR) con respuesta binaria para la predicción de incendios forestales en Galicia" ( Agosto 2006. Laura Ríos Pena, Carmen Cadarso Suárez, Thomas Kneib, Manuel Marey Pérez) e que tivo a ben conedernos unha entrevista.


Finalmente, o doctorando Eduardo García-Portugués, na exposición "Goodness-of-fit tests for directional and linear data" tomou exemplos de aplicación en modelos de incendios baseados en datos liñais. Este cientfíco acadou o premio de "Investigadores Novos" convocado pola SGAPEIO en colaboración coa fundación Barrié. As tres últimas fotos corresponden a Eduardo García e Kamil Fedirun.
(Música do audio: Celestial Aeon Project - Desert Village. CC 3.0-Jamendo)